


Sabías que na Terra Chá vive a mesma xente ca en Ibiza?
En Ibiza están empadroados ao redor de 50.000 persoas. Na Terra Chá as distintas localidades suman máis de 46.000 habitantes.
Patrimonio da Humanidade
Ibiza foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Na Terra Chá destaca a humanidade da súa paisaxe e o patrimonio representado en centos de obras pétreas.
Auga e sal
En Ibiza abundan as calas e as augas turquesas. Na Terra Chá a única auga salgada existente é a que solta a carne crúa ao cocela.
Millóns
Máis de tres millóns de turistas visitan cada ano Ibiza. Máis de tres millóns de árbores ocupan a superficie total da Terra Chá.
Discotecas
Algúns dos mellores Dj do mundo pasan polas discotecas de Ibiza cada verán. Algúns dos mellores Dj do mundo pasan pola Hermo (única discoteca chairega en activo) cada inverno.
Cobertura mediática
Se algo relevante pasa en Ibiza será noticia ata na BBC. A partir de agora, se algo relevante pasa na Terra Chá contámolo no Chachá.